Celega en el xornal Crónicas Da Comarca: Celega obtén as certificacións de xestión ambiental e residuo cero

El xornal Crónicas Da Comarca publica una noticia sobre la obtención de las nuevas certificaciones de Celega.

Les adjuntamos la información publicada.

Celega obtén as certificacións de xestión ambiental e residuo cero

Dende febreiro de 2017 a empresa desenvolve un modelo de produción eficiente

Celega, a industria láctea situada no Saviñao en Lugo, é xa unha empresa con certificacións de xestión ambiental e residuo cero.

Foi en febreiro de 2017, cando a empresa comezou a desenvolver un modelo de producción eficiente que promove o uso de enerxías renovables, a mitigación das emisións da propia actividade, e a eficiencia no consumo de recursos naturais e aforro de enerxía. Dende aquelas, xunto co esforzó de renovación e modernización de todo o complexo de fabricación, Celega acometeu unha reforma integral do sistema de tratamento de residuos e a construccións dunha planta de tratamento de augas residuais (EDAR) equipada coas mellores tecnoloxías disponibles no mercado.

A certificación de xestión ambiental (ISO 14.001) conleva a implantación dun sistema que serve para realizar a xestión dos riscos medioambientais que xurden co desenvolvemento da actividade empresarial, a planificación para a prevención e protección do medio ambiente e tamén para a conformidade legal.

O certificado Residuos Cero acredita que Celega valoriza a súas fraccións de residuos, evitando que teñan como destino final o vertedoiro.

Ambas certificacións permiten a CELEGA acreditar o seu compromiseo polo medioambiente e a adecuación do desenvolvmento da súa actividade coa normativa medioambiental, pero tamén a optimización no tratamento de residuos, disminuí os custes de xestión de residuos e contribuir, de forma decidida, o impluso da economía circular.

CELEGA é unha das empresas punteiras galegas, onde participan Cooperativa de Lemos cun 80% das accións da mesma, e con máis de 800 socios e 520 granxas logo da fusión con COGAPEN de Sarriá, e cun 20% da accións son da cooperativa Coreber da comarca de Bergantiños

ACTO DE ENTREGA DE CERTIFICACIÓNS

O acto de entrega de certificacións por parte da entidade independente AENOR, asistiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o secretario socialistas, José Ramón Gómez Besteiro e a viceportavoz parlamentaria, Lara Méndez, entre outras autoridades.

O director xeral do grupo Celega-Cooperativa de Lemos, José Manuel Rodríguez Fernández que acompañou aos asistentes na visita ás instalacións, sinalou que “estas certicacións suponen un paso adiante na estratexia de CELEGA e da Cooperativa Lemos de búsqueda dun modelo de produción sostible que dá resposta a unha sociedade cada vez máis sensible e comprometida co medioambiente”.

Enlace a la entrada en Crónicas Da Comarca.